viernes, agosto 22, 2025
InicioNewsO PSOE e o BNG pactan unha moción de censura en Viana...

O PSOE e o BNG pactan unha moción de censura en Viana do Bolo

Dous anos despois de que se celebraran as eleccións municipais, no ano 2023, o Partido Socialista e o Bloque Nacionalista Galego veñen de pactar unha moción de censura en Viana do Bolo. As contas para formar unha coalición xa daban desde o inicio posto que os socialistas e os nacionalistas suman seis concelleiros fronte aos cinco do actual goberno do Partido Popular, liderado por Andrés Montesinos.

Deste xeito, o acordo ao que chegaron o PSOE e o BNG establece unha alcaldía rotatoria. Comezará o socialista Germán García ata agosto de 2026 e logo será un representante do BNG o que asumirá o bastón de mando do municipio ata o último ano da lexislatura. Ademais, a xunta de goberno local estará formada por dous edís de cada un dos grupos políticos.

Este pacto xorde, segundo explicaron, como resposta «á necesidade de abordar os problemas estructurais que de Viana do Bolo«. Refírense á crise demográfica, ao envellecemento poboacional e a modernización dos sevizos públicos así como «á necesidade de impulsar políticas de revitalización territorial».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS