Medio Rural vén de emitir as últimas medicións sobre as superficies calcinadas por mor dos incendios forestais que asolan a Galicia. Así, indica que ao longo da noite quedou extinguido o lume de San Cibrao das Viñas e estabilizouse o de Vilardevós, aínda que permanecen activos varios grandes incendios na provincia de Ourense. A superficie total arrasada é de 85.000 hectáreas na comunidade galega.
A Coruña
CONTROLADOS
Controlado Muxía-Nosa Señora da O
Está controlado desde as 21.13 horas do luns o lume iniciado ás 13.13 horas do venres 15 na localidade coruñesa de Muxía, parroquia de Nosa Señora da O, que segundo as últimas estimacións afecta 23 hectáreas. Mobilizáronse de xeito acumulado para a súa extinción 4 técnicos, 29 axentes, 43 brigadas, 25 motobombas e 1 helicóptero.
Lugo
CONTROLADOS
Controlado Cervantes-Vilarello
Está controlado desde onte ás 08.35 horas o lume rexistrado o sábado 16 ás 05.27 horas no concello lucense de Cervantes, parroquia de Vilarello, que segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de arredor de 150 hectáreas. Para a extinción do incendio mobilizáronse de xeito acumulado 12 axentes, 26 brigadas, 24 motobombas, 1 pa e 1 helicóptero.
Controlado O Saviñao-Chave
Desde as 01.58 horas de onte está controlado o incendio do concello lucense do Saviñao, parroquia de Chave, que se iniciou o sábado ás 15.00 horas e o que, segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de arredor de 60 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse de xeito acumulado 13 axentes, 26 brigadas, 21 motobombas, 3 helicópteros e 2 avións.
Controlado A Fonsagrada-Monteseiro
Permanece controlado desde as 14.42 horas do domingo 10 de agosto o incendio forestal do concello lucense da Fonsagrada, parroquia de Monteseiro, que se iniciou ás 15.30 horas do martes día 5 e que, segundo as últimas estimacións, afecta arredor de 150 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 6 técnicos, 82 axentes, 106 brigadas, 111 motobombas, 3 pas, 8 helicópteros e 8 avións.
Ourense
Permanece decretada a Situación 2 en toda a provincia, o que implica unha maior axilidade de medios e recursos da Comunidade autónoma e do resto de administracións para a provincia. Amplíase tamén o horario laboral do persoal e axilízanse os trámites coas diferentes administracións, especialmente coa Unidade Militar de Emerxencias (UME).
EXTINGUIDOS
Extinguido San Cibrao das Viñas-Rante
Ás 01.29 horas de hoxe quedou extinguido o incendio iniciado o pasado sábado ás 14.30 horas no concello de San Cibrao das Viñas, que finalmente afectou unha superficie de 40 hectáreas, das cales 20 se corresponden con monte raso e as outras 20 con arborado. Na súa extinción participaron, de xeito acumulado, 1 técnico, 16 axentes, 30 brigadas, 19 motobombas, 2 helicópteros e 4 avións.
ACTIVOS
Activo Chandrexa de Queixa (Requeixo e Parafita) e Vilariño de Conso-Mormentelos
Os incendios no concello de Chandrexa de Queixa comezaron o venres 8, na parroquia de Requeixo, e o martes 12 na de Parafita. O xoves 14, reactivouse o incendio do concello de Vilariño de Conso, parroquia de Mormentelos. Os tres acabaron por unirse nun só lume, que permanece activo. Segundo as últimas estimacións provisionais, afectan unha superficie de arredor de 18.000 hectáreas, parte delas tamén nos municipios de Manzaneda, Montederramo, A Pobra de Trives, O Bolo e Laza. Para a súa extinción mobilizáronse de xeito acumulado, 23 técnicos, 141 axentes, 171 brigadas, 106 motobombas, 19 pas, 16 unidades técnicas de apoio, 25 helicópteros e 26 avións. Neste lume mobilizáronse efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).
Activo Oímbra-A Granxa e Xinzo de Limia-Gudín
O martes 12 iniciouse no concello ourensán de Oímbra, parroquia da Granxa, un incendio forestal que se uniu con outro rexistrado o pasado venres ás 17.22 horas na localidade ourensá de Xinzo de Limia, Gudín. Segundo as últimas estimacións, este incendio afecta unha superficie estimada de 15.000 hectáreas, ademais de nas localidades de Oímbra e Xinzo de Limia, nas de Monterrei, Cualedro, Verín, Laza, Trasmiras, Castrelo do Val e Baltar. Para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 18 técnicos, 117 axentes, 161 brigadas, 104 motobombas, 4 pas, 6 unidades técnicas de apoio, 18 helicópteros e 33 avións. Neste lume mobilizáronse efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).
Activo A Mezquita-A Esculqueira
Desde as 09.42 horas do martes 12 está activo o incendio forestal que se iniciou no concello ourensán da Mezquita, parroquia da Esculqueira e que segundo as últimas estimacións provisionais afecta arredor de 10.000 hectáreas en territorio galego. Este lume afecta tamén aos municipios da Gudiña e Viana do Bolo; así como a territorio da provincia de Zamora. Para a súa extinción mobilizáronse de xeito acumulado 8 técnicos, 37 axentes, 43 brigadas, 41 motobombas, 4 pas, 1 tractor, 3 unidades técnicas de apoio, 11 helicópteros e 20 avións. Neste lume mobilizáronse efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME). Tamén colaboraron nas tarefas de extinción medios terrestres portugueses.
Activo Vilardevós-Moialde
Na tarde do xoves 14 reactivouse o incendio forestal do concello ourensán de Vilardevós, parroquia de Moialde, que se iniciou ás 16.05 horas do luns 11. Afecta, segundo as últimas estimacións provisionais, arredor de 500 hectáreas. Mobilizáronse para a súa extinción, de xeito acumulado, 4 técnicos, 23 axentes, 36 brigadas, 21 motobombas, 3 pas, 10 helicópteros e 6 avións.
Activo Larouco-Seadur
Desde as 18.55 do mércores 13 está activo o incendio no concello de Larouco, parroquia de Seadur, que afecta a máis de 20.000 hectáreas en territorio galego (pendente de novas medicións), no propio concello de Larouco e nos de Quiroga, O Barco de Valdeorras, O Bolo, Carballeda de Valdeorras, A Rúa, Petín, Rubiá, A Veiga e Vilamartín de Valdeorras. Para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 39 técnicos, 147 axentes, 190 brigadas, 149 motobombas, 11 pas, 4 unidades técnicas de apoio, 10 helicópteros e 15 avións. Neste lume mobilizáronse efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).
Activo Carballeda de Avia-Vilar de Condes e Beade-As Regadas
O venres ás 16.38 horas iniciouse o incendio forestal do concello ourensán de Carballeda de Avia, parroquia de Vilar de Condes. Ese mesmo día, ás 18.16 rexistrouse outro na localidade ourensá de Beade, parroquia de As Regadas. Os dous lumes uníronse nun só lume, que permanece activo e segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de 4.000 hectáreas, parte delas nos municipios de Avión, Melón, Leiro e Ribadavia. Mobilizáronse para a súa extinción, de xeito acumulado, 3 técnicos, 65 axentes, 105 brigadas, 68 motobombas, 4 pas, 2 unidade técnicas de apoio, 8 helicópteros e 12 avións.
Activo Carballeda de Valdeorras-Casaio (anteriormente A Veiga-A Ponte)
Desde as 18.42 horas de luns está activo un lume no concello ourensán de Carballeda de Valdeorras, parroquia de Casaio (anteriormente denominado A Veiga-A Ponte), que segundo as últimas estimacións provisionais supera as 20 hectáreas (pendente de novas medicións) e que entrou en Galicia dende Castela e León. Para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 3 axentes, 5 brigadas, 1 pa, 1 avión e 4 helicópteros
ESTABILIZADOS
Estabilizado Vilardevós-Vilar de Cervos
Ás 23.44 horas de onte quedou estabilizado o incendio do concello ourensán de Vilardevós, parroquia de Vilar de Cervos, iniciado mércores 13 ás 18.09. Segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de arredor de 900 hectáreas. Mobilizáronse para a súa extinción, de xeito acumulado, 3 técnicos, 19 axentes, 13 brigadas, 14 motobombas, 3 helicópteros e 5 avións.
Estabilizado Maceda (Santiso e Castro de Escuadro)
O domingo 10 e o martes 12 comezaron dous incendios forestais no concello ourensán de Maceda, nas parroquias de Castro Escuadro e Santiso, respectivamente. Ambos acabaron tamén por unirse nun só lume que quedou estabilizado ás 00.37 horas de hoxe. Segundo as últimas estimacións provisionais, este incendio afecta en conxunto unha superficie de arredor de 3.500 hectáreas, parte delas do municipio de Vilar de Barrio. Para a súa extinción mobilizáronse de xeito acumulado 11 técnicos, 89 axentes, 136 brigadas, 79 motobombas, 11 pas, 2 unidades técnicas de apoio, 17 helicópteros e 18 avións. Neste lume mobilizáronse efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).
Estabilizado Vilardevós-Fumaces e a Trepa
Estabilizado desde as 01.39 horas do martes o incendio iniciado ás 17.41 horas do xoves o incendio forestal no concello de Vilardevós, parroquia de Fumaces e a Trepa, que segundo as últimas estimacións rolda as 100 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse de xeito acumulado 2 axentes, 8 brigadas, 6 motobombas e 3 avións.
Estabilizado Riós-Trasestrada
Estabilizado desde as 01.39 horas do martes o lume que comezou o luns ás 14.33 horas no concello ourensán de Riós, parroquia de Trasestrada, que segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de 20 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse, no seu conxunto, 2 axentes, 2 brigadas, 1 motobomba, 2 helicópteros e 3 avións.
Estabilizado Montederramo-Paredes
Segue estabilizado desde as 10.35 horas do martes 12 o incendio forestal do concello ourensán de Montederramo, parroquia de Paredes, que se iniciou o luns ás 04.50 horas e que segundo as últimas estimacións afecta arredor de 120 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 6 axentes, 12 brigadas, 12 motobombas, 2 pas, 2 unidades técnicas de apoio, 7 helicópteros e 7 avións.
Pontevedra
ESTABILIZADOS
Estabilizado Agolada-O Sexo
Ás 12.34 horas do domingo 17 quedou estabilizado o incendio forestal do concello de Agolada, parroquia do Sexo, que se iniciou o pasado venres e o cal, segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de 400 hectáreas. Neste lume foi preciso activar a Situación 2, medida adoptada de forma preventiva pola súa proximidade ao núcleo de poboación do Sexo. Para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 5 técnicos, 25 axentes, 43 brigadas, 48 motobombas, 4 pas, 2 unidades técnicas de apoio, 4 helicópteros e 2 avións.
Ademais, continúa activa a vixilancia sobre os núcleos de poboación que poden estar afectados polos incendios, sen que se rexistrasen durante a noite novas evacuacións nin confinamentos.