martes, agosto 19, 2025
InicioNewsGalicia mobiliza "o maior operativo da súa historia" para loitar contra os...

Galicia mobiliza «o maior operativo da súa historia» para loitar contra os incendios forestais

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, acompañado polo xefe do servizo de Prevención de Incendios Forestais, Manuel Francisco Gutiérrez, reuniuse hoxe cos representantes municipais da provincia para reforzar a coordinación fronte á elevada actividade incendiaria que está a rexistrar Galicia durante este mes de agosto.

Na xuntanza, Reguera lembrou que “estamos ante unha situación excepcional, que obriga a dar prioridade absoluta á defensa das persoas e das vivendas naqueles lugares onde os incendios están a avanzar con especial violencia”.

Así mesmo, o delegado lembrou que, pese a que ata agora “na provincia de Pontevedra conseguimos controlar os lumes ocasionados e non se está a vivir unha situación tan complicada como a que se vive noutras provincias, é importante manter activa a coordinación e as vías de contacto para poder facer fronte ás posibles ameazas que se presenten nas próximas semanas”. 

O delegado da Xunta en Pontevedra, David Reguera, na reunión telemática-SRD

Os incendios de Galicia, en cifras

Pola súa banda, o xefe do servizo de Prevención de Incendios Forestais explicou que desde o 1 de agosto rexistráronse 492 incendios en Galicia, uns 370 máis que no mesmo período do ano pasado. Só na xornada do domingo chegaron a declararse preto de 30 novos lumes en toda a comunidade, a maiores dos que xa estaban activos.

Para facer fronte a esta situación, a Xunta, segundo indican desde a delegación, «despregou o maior operativo da súa historia, composto por por máis de 3.000 profesionais do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, aos que se suman máis de 200 bombeiros, GES e Protección Civil, 343 efectivos de brigadas municipais, 380 motobombas, 36 buldócer, 10 batracios e 32 medios aéreos, ademais de persoal da Policía Autonómica, da UME e das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS