martes, agosto 12, 2025
InicioNewsOurense evacúa aos veciños de Seixalbo e sofre cortes de luz polo...

Ourense evacúa aos veciños de Seixalbo e sofre cortes de luz polo avance dun incendio

A cidade de Ourense vive unha tarde de incerteza debido á proximidade das lapas dun incendio forestal que se rexistra no núcleo de poboación de Seixalbo. De feito, axentes da Policía Local procederon a desaloxar a veciños e a veciñas desta zona debido á proximidade do lume ás vivendas. Todo iso nun contexto no que varios focos interrompen o tráfico ferroviario entre Ourense e Taboadela e existen cortes de luz en varios puntos da cidade das burgas. Ademais, os servizos de emerxencia traballan tamén noutro incendio activo en San Cirbao das Viñas.

A situación complícase coa presenza de varios focos na contarna da vía do tren. Esta circunstancia obrigou a interromper, desde as 14:00 horas, a circulación do tren entre Ourense e Taboadela. O incendio tamén provocou cortes de luz en zonas como San Cibrao da Viñas, O Couto e Barbadás, indidencias que se resolveron nun prazo de media hora e que Naturgy informou do inicio da súa reparación en torno as 15:00 horas.

Outro incendio en San Cibrao das Viñas

O alcalde da cidade das burgas, Gonzalo Pérez Jácome, confirmou nas súas redes sociais os problemas de subministro eléctrico e a concentración de efectivos na estada de Seixalbo. O Concello, pola súa banda, autorizou a colaboración inmediata do servizo municipal de bombeiros en labores de extinción.

https://twitter.com/gonzalojacome/status/1955252846871323044

Ademais, a Consellería do Medio Rural informou da existencia dun incendio activo desde as 14:14 horas no municipio de San Cibrao das Viñas, parroquia de Noalla, onde traballan un helicóptero e dous avións.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS