martes, agosto 12, 2025
InicioNewsActualidadeO Porriño ofrece un curso gratuíto de Reanimación Cardiopulmonar

O Porriño ofrece un curso gratuíto de Reanimación Cardiopulmonar

O Concello do Porriño convoca unha nova sesión práctica de Reanimación Cardiopulmonar (RCP), aberta a toda a veciñanza e de carácter gratuíto co fin de apostar pola formación en emerxencias sanitarias.

A actividade, que ten o obxectivo de mellorar a capacidade de resposta cidadá ante situacións de emerxencia sanitaria, celebrarase o luns 18 de agosto, de 18:00 a 20:00 horas, na sala de usos múltiples do Pavillón Municipal 1.

A actividade está dirixida a persoas de todas as idades e a formación será impartida por profesionais do sistema sanitario, que achegarán coñecementos clave para actuar con seguridade ante situacións de risco vital, como unha parada cardiorrespiratoria. As persoas interesadas poderán anotarse ata o xoves 14 de agosto no Rexistro Xeral do Concello.

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, destacou a importancia desta iniciativa como parte da política municipal en materia de saúde e seguridade e aseguraba que “formarse en RCP é unha ferramenta clave que pode marcar a diferenza entre salvar ou non unha vida».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS