A circulación de trens no corredor Galicia-Madrid atópase, arestora, suspendida por mor dun incendio que ten lugar entre Taboadela e Ourense. Así o fai saber a operadora pública Renfe nun comunicado no que indica que «Adif corta a tensión nese tramo por varios focos na zona, a petición dos bombeiros«.
Neste contexto, indican que Renfe preparou un plan alterantivo por estrada entre A Gudiña e Ourense para os trens do corredor que están en circulación. Deste xeito, a Alta Velocidade (AVE) Madrid Chamartín-Vigo Urzaiz retrocedeu á Gudiña para que os viaxeiros e as viaxeiras foran transbordados. Ademais, están preparados unha decena de autobuses para que sexa posible proseguir a viaxe ao destino, segundo indican no comunciado aos medios.
Renfe lembra que o incendio, con varios focos, mantén interrumpida a circulación entre Ourense e Taboadela, «afectando tanto aos trens de alta velcoidade que circulan entre Madrid e Galicia como os que realizan o percorrido de Santiago de Compostela-Ourense.