A Xunta de Galicia vén de decretar a situación 2 do Plan de Emerxencias pro Incendios Forestais no lume declarado no municipio pontevedrés de Dozón. De xeito máis concreto, na parroquia do Castro. Decidiu aumentar o nivel debido á proximidade do lume ao risco para a poboación.
Este incendio, que se achega á zona da AG-53, ameza tamén a un gasolineira e varias explotacións gandeiras de vacún. Así, como medida preventiva Tráfico cortou a autovía AG-53 en ambos sentidos e tamén a N-525 ao seu paso por Dozón.
Centros de coordinación
Neste contexto, o Centro de Coordinación de Medios está instalado no polígono industrial de Dozón mentres que o Centro de Coordianción Operativa funciona no Edificio Adminsitrativo da Xunta en Pontevedra, segundo indican desde a subdelegación do Goberno na provincia.
Ademais, no operativo participan patrullas da Garda Civil de Lalín, Vila de Cruces e do Seprona da Estada así como efectivos desprazados desde Ourense, ao tratarse dunha área limítrofe.
Máis incendios en Galicia
Segundo o último boletín de Medio Rural, esa mesma situación 2 de emerxencia está declarada en toda a provincia de Ourense e continúan activos os incendios de Maceda, Chandrexa de Queixa, Cartelle, A Mezquita e Samos. En total, son preto de 4.000 hectáreas calcinadas polo de agora.
Pola súa banda, están estabilizados os lumes de Montederramo, Vilardevós e Maceda, no Castro de Escuadro. O lume calcinou aquí case 800 hectáreas.
Por último, están controlados os fogos que se rexistraron en Monfero, que afecta ao Parque Natural das Fragas do Eume, o da Fonsagrada e o de Verín así como o da Estada. Estes incendios calcinaron un total de 180 hectáreas.