A Xunta de Galicia vén de decretar a situación 2 de emerxencia en toda a provincia de Ourense debido á vaga de incendios forestais que asolan ao territorio. En total, estes lumes xa arrasaron con máis de 4.000 hectáreas.
Neste contexto, a seca extrema e a intencionalidade detrás da maioría dos incendios foretais levan á Xunta de Galicia a activar a situación 2 en toda a provincia co obxectivo de dispoñer de todos os medios de extinción posibles. O lume de Chandrexa de Queixa, con máis de 3.000 hectáreas calcinadas, é xa o de maior tamaño deste verán 2025 en Galicia.
Que implica a situación 2 en toda a provincia?
A Xunta de Galicia decreta a medida preventiva de situación 2 co obxectivo de axiliar medios e recursos, ampliar os hoaraios laborais e facilitar os diferentes trámites coa Unidade Militar de Emerxencia (UME) así como con outras administracións públicas.
E é que preocupan os fogos que teñen lugar na provincia de Ourense. Ao seu paso xa arrasaron con máis de 4.000 hectáreas. Arestora, arde en Maceda, onde houbo que desaloxar a catro veciños, en Cartelle e en Chandrexa de Queixa, o máis grave. Neste último, foi necesario realoxar a cinco veciños e tivo lugar unha mobilización masiva de medios e chegada da UME.
O equipo de informativos de Si Radio falou con Xosé Vieito, axente forestal e coordinador da unidade de extinción de Medio Rural:
Pola súa banda, están agora estabilizados os incendio de Montederramo, Vilariño de Conso, Vilardevós o de Castro de Escuadro. En total, os lumes arrasaron con máis de 4.000 hectáreas.