lunes, agosto 11, 2025
InicioNewsActualidadePonteareas mellora a seguridade viaria co pintado de pasos de peóns

Ponteareas mellora a seguridade viaria co pintado de pasos de peóns

A concellería de Vías e Obras do Concello de Ponteareas, que dirixe o tenente de alcaldesa Juan Carlos Glez. Carrera, executa obras de mellora de seguridade viaria e remata a primeira intervención de pintado de pasos de peóns no centro urbano.

González Carrera explica que «esta primeira intervención atendeu aos puntos máis urxentes como os centros escolares, o centro de saúde e aquelas zonas de maior risco». Con persoal municipal executouse o pintado de 60 pasos de peóns incluíndo modificacións naqueles pasos que debían ser reubicados.

“Despois de anos sen mantemento fixemos unha importante intervención de pintado moi necesaria para que se visualicen mellor por parte dos condutores e así mellorar a seguridade das persoas”, engade o tenente de alcaldesa que seguirán traballando nesta liña e a recente adquisición de maquinaria de pintado axilizou esta intervención.

A nova maquinaria permítenos actuar de xeito puntual cando hai unha necesidade ou unha urxencia e tamén programar o traballo do persoal de Vías e Obras. Este novo recurso danos maior autonomía e axiliza o servizo”.

Pola súa banda a alcaldesa, Nava Castro, suliña a importancia «de ter creado e ampliado as brigadas de traballo para labores de mantemento de espazos e infraestruturas de competencia municipal. Estas labores pódense facer dun xeito organizado e máis áxil grazas á creación e recuperación das brigadas de vías e obras”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS