lunes, agosto 11, 2025
InicioNewsActualidadeMos aproba o proxecto de expropiación forzosa para a construción da senda...

Mos aproba o proxecto de expropiación forzosa para a construción da senda peonil en Dornelas

O Pleno extraordinario e urxente do Concello de Mos aprobou hoxe de forma definitiva o proxecto de expropiación forzosa por taxación conxunta para a execución da “Senda peonil en Dornelas. Do IES de Mos ata ASO.DI.FI.SI”, que discorrerá polas parroquias de Petelos, Dornelas e Torroso.

A nova infraestrutura, cun orzamento de 701.556,68 euros e que contará cunha achega da liña 1 do Plan “Máis Provincia” da Deputación de Pontevedra, ten como obxectivo completar, en forma de anel, a senda xa existente entre o Edificio Multiusos das Pozas e ASO.DI.F.ISI., mellorando así a seguridade viaria e a mobilidade peonil nun dos principais eixes de circulación do municipio.

Deste xeito, este trazado enlazará coa actual senda de Torroso (1.370 metros) sumando 1.800 metros máis de percorrido, o que permitirá crear un itinerario circular de 3.170 metros de lonxitude.

O proxecto contempla a actuación na Estrada das Pozas, Camiño de Pedreira, Camiño do Porselo e Rúa da Gándara, ampliando a capa de rodadura e construíndo unha senda específica para peóns de ata 8 metros de ancho total, en consonancia co previsto no PXOM vixente.

Así, a senda do Porselo-Brea supón unha actuación fundamental para resolver as actuais limitacións físicas destas rúas, mellorar o fluxo do tráfico e garantir a seguridade, especialmente nos momentos de entrada e saída do alumnado aos centros educativos das Pozas.

A delimitación do ámbito de expropiación abrangue 3.082,20 m² repartidos entre 126 fincas ou predios e permitirá executar as obras coa maior brevidade posible.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS