Ao outro lado da raia, en Portugal, o municipio de Valença celebra o Día Internacional da Xuventude cun programa «cheo de enerxía, aventura e natureza» no parque da Senhora da Cabeça en Cristelo Covo. Así, este 12 de agosto haberá diferentes actividades relacionadas coa natureza e o deporte na que poderán participar os mozos e as mozas de xeito gratuito.
A mocidade poderá gozar de actividades de balde como kayak, paddle surf e paseos en bicicleta para descubrir o río Miño e a Ecopista dun xeito diferente. As actividades desenvolveranse en horario de mañá, desde as 10:00 horas e ata as 12:30 horas, e de tarde, a partir das 15:00 horas e ata as 18:00 horas . A idade mínima é 12 anos e a máxima, 29 anos.

É a Cámarra Municipal de Valença quen organiza esta evento que contará coa presenza de técnicos deportivos e socorristas para garantir a seguridade durante toda a xornada. O obxectivo é «celebrar a importancia da mocidade na construción dunha sociedade máis xusta, sustentable e innovadora, ao tempo que se promove o deporte e ao contacto coa natureza».