jueves, agosto 7, 2025
InicioNewsA Xunta desactiva o Nivel 2 de emerxencia no lume da Picoña,...

A Xunta desactiva o Nivel 2 de emerxencia no lume da Picoña, en Salceda

Desactivada. A Xunta de Galicia vén de desactivar a Situación 2 de emerxencia no incendio forestal que asola á parroquia salcedense de Picoña. Esta medida operativa protexía ao núcleo de poboación de Pedrapinta e, de feito, no boletín de Medio Rural das 08:30 horas aínda estaba en funcionamento este nivel de alarma.

Con todo, Medio Rural indica, a través das súas redes sociais, que queda desactivado este Nivel 2 na parroquia salcedense da Picoña. O lume está activo desde as 16.17 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais afecta arredor de 80 hectáreas.

Para a súa extinción mobilizáronse ata o de agora 3 técnicos, 11 axentes, 16 brigadas, 12 motobombas, 2 pas, 4 helicópteros e 5 avións. Tamén foron mobilizados efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME), segundo indican desde Medio Rural.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS