Galicia continúa ardendo. Desta vez, o municipio de Salceda de Caselas rexistra un incendio que comezou sobre as 16:17 horas. De xeito máis concreto, o lume ten lugar na parroquia da Picoña.
Segundo informa Medio Rural, o lume continúa activo e se desprazaron ata o lugar tres axentes, cinco brigadas, dúas motobombas, unha pa e dous helicópteros así como un avión.
O municipio de Salceda de Caselas non é o único da zona do Condado e Louriña que rexistra un incendio forestal durante esta xornada posto que un lume comezou tamen nas Neves ás 16:41 horas na parroquia de Batalláns.