A comarca do Condado rexistra un novo incendio forestal. Despois de que un lume asolara o territorio de Riofrío, en Mondariz, o municipio das Neves é hoxe protagonista por un fogo que se rexistra na parroquia de Batalláns, ao carón da autovía A-52.
Segundo explican desde a Consellería de Medio Rural, o incendio comezou sobre as 16:41 horas e ata o lugar desprazáronse 2 axentes, 4 brigadas, 4 motobombas, unha pa e 2 avións.Segundo puido saber o equipo de informativos de Si Radio, as forzas e corpos de seguridade do Estado están agora regulando o tráfico no lugar.
Ademais, o Concello das Neves vén de emtir un comunicado a través dos seus perfís oficiais das Redes Sociais no que piden aos veciños e as veciñas que reguen «o ma´ximo posible ao seu redor e das vivendas para axudar a conter o lume nas zonas afectadas».
Polo de agora, descoñécese o número de hectáreas ou de superficie afectadas polo incendio.