miércoles, agosto 6, 2025
InicioNewsActualidadeMos homenaxea á primeira directiva do Centro Recreativo e Cultural de Torroso...

Mos homenaxea á primeira directiva do Centro Recreativo e Cultural de Torroso polo seu 40 aniversario

Coincidindo cun dos actos programados polas Festas Patronais de San Mamede, o Concello de Mos participou esta fin de semana na homenaxe aos compoñentes da primeira directiva do Centro Recreativo e Cultural de Torroso, fundado no ano 1985. O acto, que tivo lugar no marco da tradicional xuntanza popular da parroquia, serviu para recoñecer o labor de quen puxeron en marcha unha das entidades máis activas do municipio no eido cultural e social.

Durante a celebración, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, destacou “o compromiso, a visión e a entrega dunha xeración de veciños que sementou futuro dende o traballo comunitario e o amor pola súa terra”. A rexedora agradeceu tamén o papel das asociacións e comisións organizadoras do evento, e expresou o apoio do Concello ás iniciativas que fortalecen o tecido social e a identidade local.

No acto, que contou cun ambiente emotivo e participativo, lembráronse os nomes das persoas homenaxeadas segundo a acta fundacional de febreiro de 1985. Houbo tamén mención especial aos membros da devandita directiva xa falecidos, cun recoñecemento ás súas familias.

Este 40 aniversario serve como punto de encontro interxeracional e símbolo da continuidade dun proxecto veciñal que, catro décadas despois, segue a ser referente en Mos e arredores e que tivo como froitos, por exemplo, a posta en marcha a Escola e Conservatorio de Torroso, convertido nun referente provincial.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS