jueves, agosto 7, 2025
InicioNewsComarcasA Xunta decreta o Nivel 2 de emerxencia no lume de Salceda...

A Xunta decreta o Nivel 2 de emerxencia no lume de Salceda que calcina xa 80 hectáreas

O incendio forestal que rexistra arestora o municipio pontevedrés de Salceda de Caselas continúa activo. De feito, a Xunta de Galicia anuncia que decreta o Nivel 2 de emerxencia co obxectivo de protexer ao núcleo de poboación de Pedrapinta, na parroquia de Picoña.

Segundo as últimas estimacións da Consellería de Medio Rural, o lume arrasou xa con 80 hectáreas ao seu paso pola parroquia de Picoña.

Este lume comezou sobre as 16:17 horas na parroquia de Picoña, una 20 minutos antes de que comenzara o incendio do municipio das Neves. Nos dous casos, a Xunta activou a situación 2 de emerxencia como medida preventiva.

Ao inicio do fogo, Medio Rural desprazou ata o lugar tres axentes, cinco brigadas, dúas motobombas, unha pa e dous helicópteros así como un avión. Previsiblemente, na actualidades a cifra total dos efectivos aumentou debido á complexidade do lume.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS