jueves, agosto 7, 2025
InicioNewsComarcasA Xunta activa o Nivel 2 de emerxencia no lume das Neves...

A Xunta activa o Nivel 2 de emerxencia no lume das Neves pola proximididade ao núcleo de poboación

O lume que asola á parroquia de Batalláns, nas Neves, continúa activo. O incendio comezou sobre as 16:41 horas deste mércores 6 de agosto e, como medida preventiva pola cercanía ao núcleo de poboación, a Xunta de Galicia activa o nivel de Emerxencia 2 na Abelleira.

Segundo as últimas estimacións da Consellería de Medio Rural, o incendio forestal calcinou xa unhas 20 hectáreas.

Ata o lugar desprazáronse 2 axentes, 4 brigadas, 4 motobombas, unha pa e 2 avións, tal e como confirman desde Medio Rural. Segundo puido saber o equipo de informativos de Si Radio, as forzas e corpos de seguridade do Estado regulan o tráfico no lugar debido, tamén, á proximidade á autovía A-52.

Pola súa banda, o Concello das Neves vén de emtir un comunicado a través dos seus perfís oficiais nass Redes Sociais no que piden aos veciños e as veciñas que reguen «o máximo posible ao seu redor e das vivendas para axudar a conter o lume nas zonas afectadas».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS