martes, agosto 5, 2025
InicioNewsSantiago recibe o "non" da Xunta para ser zona tensionada por "non...

Santiago recibe o «non» da Xunta para ser zona tensionada por «non completar a documentación»

A Xunta de Galicia dá por desistida a solicitude de zona de mercado residencial tensionado presentada polo Concello de Santiago ao non dar resposta válida ao requirimento realizado polo Instituto Galego da Vivenda e Solo para que emendase e completase a documentación presentada coa solicitude, segundo explican desde a Xunta de Galicia.

A resolución foi adoptada en función do establecido na disposición transitoria vixésimo cuarta da Lei 8/2012, do 29 de xuño, que no seu parágrafo 4 dispón que o IGVS poderá declarar a zona residencial tensionada «previa comprobación da integridade e suficiencia da solicitude e a documentación aportada polo concello e unha vez valoradas as circunstancias concorrentes, especialmente a incidencia da declaración na política autonómica da vivenda», tal e como indican desde a adminsitración autonómica.

Despois da presentación da solicitude por parte do concello, o IGVS requiriu completar o proxecto do plan especifico de medidas correctoras para reverter a situación de mercado tensionado xa que as que estaban incluídas «carecían de incidencia real, dunha mínima concreción ou xa estaban en execución e, por outra banda adolecía de calendario claro de aplicación».

Por que?

Ademais incluíronse outras dúas cuestións,»que tampouco responderon»,  como son a elaboración dun novo documento de diagnose realizado a partir de datos oficiais e non dun portal inmobiliario, como era o caso do presentado, e como motivar a proposta de reducir de 10 a 5 o número de vivendas para a consideración de gran posuidor (xa que unicamente afectaba a 100 inmobles).

Desde a Xunta, esplican que antes do requirimento, a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas ofreceu  á alcaldesa de Santiago a posibilidade dunha reunión entre os técnicos do IGVS e dos do Concello.  Así,  técnicos do IGVS contactaron cos do concello, pero a resposta municipal «foi obviar as reunións ofrecidas e remitir unha contestación ao requirimento que non dá resposta ao solicitado pola Xunta, limitándose a tentar rebater o contido do requirimento, sen incorporar ningunha modificación substancial».

Á vista da falta de resposta do concello ás cuestións indicadas no requirimento, a Xunta ten que considerar «o desestImento por parte do concello que, en calquera caso, poderá volver a presentar a solicitude coa documentación solicitada para que poida ser tramitada adecuadamente».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS