A choiva de perseidas, tamén coñecida como bágoas de San Lourenzo, é un acontecemento astronómico que sucede todos os anos de cara á noite do 12 de agosto. As perseidas son visibles dende todo o hemisferio norte en pleno verán e a velocidade destes meteoros poden superar os 50 quilómetros por segundo. Ademais, a súa tasa de actividade pode chegar aos 200 meteoros por hora.
Segundo informa o Instituto Geográfico Nacional, a pesar de que o momento de máxima actividade ten lugar entre as noites do 11 e 13 de agosto, as perseidas comezan habitualmente a verse entre o 17 de xullo e o 24 de agosto.
En concreto, este 2025 o máximo das perseidas producirase o día 12 de agosto sobre as 22 horas de tempo oficial peninsular. O pequeno inconvinte é que para esa data, a Lúa acabará de pasar pola súa fase chea, polo que estará moi iluminada e impedirá a visualización perfecta das estrelas fugaces.
O Instituto Geográfico Nacional recomenda observar o ceo tras o ocaso, antes de que sala a Lúa ou mentres se atope moi baixa no ceo, para que o seu reflexo non interfira na visibilidade.
Cal é o mellor sitio para observar as perseidas?
O lugar de observación pode ser calquera con tal de que proporcione un ceo oscuro. Priorízanse lugares con poucos obstáculos, sen edificios, árbores ou montañas; e recoméndase non empregar instrumentos ópticos que limiten o campo de visión.
Ademais, é convinte dirixir a mirada cara as zonas máis oscuras e na dirección oposta á posición da Lúa se a observación se realiza cando está presente.