martes, agosto 5, 2025
InicioConcellos +A CañizaO programa CLARA volve á Cañiza e Covelo con actividades para promover...

O programa CLARA volve á Cañiza e Covelo con actividades para promover a igualdade

Os Concellos de Covelo e A Cañiza veñen de presentar o programa CLARA, unha iniciativa coxunta que busca promover a igualdade así como previr a violencia de xénero a través dun servizo municipal integral e compartido.

O programa está dirixido a mulleres, nenas e persoas ao seu cargo dos concellos anteriormente citados e contará cun equipo multidisciplinar de profesionais nas áreas de dereito, psicoloxía, terapias e igualdade. Ao tempo, desenvolverase durante os meses de agosto e setembro, e inclúe actividades de atención psicolóxica e xurídica, orientación laboral, saúde e benestar e accións de sensibilización en igualdade.

O programa está financiado gracias a unha axuda da Dirección Xeral de Promoción da Igualdade da Xunta de Galicia, cofinanciada pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027 por un valor superior a 20.000 euros e a empresa adxudicataria é Red Talento Consultoras S.L.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS