martes, agosto 5, 2025
InicioNewsActualidadeO Porriño incorpora tres novos traballadores ao seu cadro de persoal

O Porriño incorpora tres novos traballadores ao seu cadro de persoal

O Concello do Porriño vén de incorporar tres novos traballadores desempregados ao seu cadro municipal, grazas a unha subvención de 49.806 euros concedida pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.

As persoas contratadas desempeñarán labores de limpeza, mantemento e conservación dos montes e fincas do municipio, unha iniciativa que ten o obxectivo de fomentar o emprego local ao tempo que se promove o coidado e posta en valor do entorno natural.

O proxecto permite a contratación de tres peóns forestais a xornada completa por un período de nove meses. As condicións laborais están reguladas conforme ao convenio colectivo vixente e inclúen todas as obrigas en materia de cotizacións sociais.

A iniciativa enmárcase dentro da estratexia municipal de promoción do emprego sostible e coidado do territorio, contribuíndo á mellora da calidade de vida no municipio.

O alcalde de O Porriño, Alejandro Lorenzo, destacou que “estas contratacións mellorarán a resposta do Concello e reforzarán os servizos que ofrece á cidadanía. Damos traballo a persoas desempregadas ao tempo que coidamos os montes e fincas municipais, que son un recurso natural fundamental”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS