Redondela conta os días para acoller unha das súas festas máis agardadas, o Entroido de Verán. O vindeiro sábado 23 de agosto as rúas da vila encheranse de cor e animación para o desfrute de maiores e pequenos.
Durante a xornada, no Campo da Feira haberá unha zona infantil na que os nenos e nenas poderán realizar múltiples actividades de xogo e diversión.
Ademais, un dos principais atractivos da festividade son os concertos, de caracter gratuíto, que nesta edición contan coa participación do músico e produtor español Carlos Jean e do grupo galego The Rapants.
A maiores, ao igual que en anos anteriores, tamén terá lugar a Gala Drag, nesta ocasión da man de Carlos Veleiro.
