A cantante cordobesa India Martínez será a encargada de por a última nota musical aos concertos de Castrelos deste verán o vindeiro sábado 16 de agosto. As entradas sairán á venda este venres día 8 a un prezo de 10 euros.
A venda de entradas realizarase tanto de forma presencial, nas consignas habilitadas no propio parque, como a través de internet na páxina web de Vigo En Festas. En ambos casos, o horario será de 9 a 14 horas e de 16 a 21 horas. No caso de non venderse todas as entradas, estarán a disposición para calquer persoa na páxina web a partir das 21:30 horas.
«O sistema que empregamos de venda masiva presencial garantiza que a inmensa maioría da xente que vaia sexa de Vigo» explicaba o alcalde, Abel Caballero ao anunciar a data de saída dos tickets.