A Xunta, a través da Secretaría Xeral para o Deporte, determinou a suspensión da actividade deportiva federada no exterior durante a xornada de hoxe por mor da alerta por episodio de calor. A suspensión afecta a concellos das catro provincias.
Municipios afectados pola vaga de calor
- A Coruña: A Pobra do Caramiñal, Carnota, Porto do Son e Ribeira.
- Lugo: Quiroga e Ribas de Sil
- Ourense: A Peroxa, A Rúa, A Teixeira, A Veiga, Amoeiro, Arnoia, Avión, Baltar, Barbadás, Beade, Beariz, Boborás, Carballeda de Avia, Carballeda de Valdeorras, Castrelo de Miño, Castrelo do Val, Castro Caldelas, Celanova, Cenlle, Chandrexa de Queixa, Coles, Cortegada, Entrimo, Esgos, Laza, Leiro, Lobios, Maceda, Melón, Montederramo, Nogueira de Ramuín, O Barco de Valdeorras, O Irixo, Oímbra, Ourense, Padrenda, O Pereiro de Aguiar, Petín, Piñor, Punxín, Ramirás, Ribadavia, Rubiá, San Cibrao das Viñas, San Cristovo de Cea, Toén, Vilamarín, Vilamartín de Valdeorras, Vilardevós, Vilariño de Conso e Xunqueira de Espadanedo.
- Pontevedra: A Illa de Arousa, A Lama, Arbo, As Neves, Barro, Bueu, Cambados, Cercedo-Cotobade, Covelo, Crecente, Fornelos de Montes, Marín, Meaño, Meis, Moaña, Mondariz, Mondariz Balneario, O Grove, O Rosal, Pazos de Borbén, Poio, Ponte Caldelas, Ponteareas, Pontevedra, Ribadumia, Sanxenxo, Soutomaior, Vigo, Vilaboa e Vilanova de Arousa.
Recomendacións xerais para a poboación
A Xunta lembra os principais consellos e recomendacións que debe seguir a poboación son beber máis líquidos sen esperar a ter sede, sobre todo auga e zumes de froita lixeiramente fríos; evitar bebidas quentes, alcohólicas, café, té ou cola e as moi azucradas así como aumentar o consumo de ensaladas, verduras e froitas; evitar comidas copiosas; comer menos cantidade e máis veces ao día; manter os alimentos no frigorífico e vixiar sempre as medidas hixiénicas.
Ademais, recomenda aos galegos e as galegas que vivan nos municipios afectados pola vaga de calor que empreguen roupa de tecidos naturais, lixeira e folgada, de cores claras, sombreiro, lentes de sol e cremas protectoras solares, así como calzado fresco, cómodo e que transpire; permanecer en espazos ventilados ou acondicionados e estar á sombra así como utilizar as habitacións máis frescas da vivenda; durante o día baixar as persianas e abrir as xanelas, abrilas pola noite para ventilar; evitar as actividades ao aire libre nas horas de máis calor e reducir a actividade física.
Cando se estacione o coche, non deixar no interior nenos, nin anciáns coas xanelas pechadas e no caso de sufrir esgotamento ou un golpe de calor, recoméndase solicitar axuda médica urxente chamando ao 061.