lunes, agosto 4, 2025
InicioNewsComarcasO recinto amurallado de Salvaterra convértese nun cine ao aire libre gratuito...

O recinto amurallado de Salvaterra convértese nun cine ao aire libre gratuito coa proxección de dous films

O recinto da muralla, en Salvaterra de Miño, acollerá o mércores 6 de agosto e o xoves 7 de agosto as primeiras sesións cinematográficas da nova edición do Ciclo Mestre Mateo, promovido pola Deputación de Pontevedra e a Academia Galega do Audiovisual para achegar as longametraxes de ficción e documentais finalistas dos premios do audiovisual galego aos concellos da provincia. O mércores exhibirase “As Neves”, de Sonia Méndez, e o xoves “+Cuñados”, de Luis Avilés, e ambas as dúas sesións comezarán ás 22:00 horas.

Sinopse de «As Neves«

A historia de “As Neves” transcorre nunha vila de montaña onde todos se coñecen. Na noite de Entroido un grupo de adolescentes celebra unha festa na que se drogan con cogomelos por primeira vez. O día seguinte espertan cun temporal de neve e coa noticia de que Paula, unha das rapazas da festa, desapareceu.

Sinopse de «+ Cuñados»

“+Cuñados” conta a aparición en Ourense de Andreia Nunes en busca de vinganza, que complicará as cousas para os cuñados en pleno Entroido. Este novo enredo rematará cun cadáver no medio da ponte internacional de Tui.

A programación desta nova edición do Ciclo Mestre Mateo chegará tamén aos concellos de Marín, Mondariz e Vilanova de Arousa. Ademais de “As Neves” e “+Cuñados”, tamén haberá proxeccións de “Honeymoon”, de Enrique Otero, e “Xustiza artificial”, de Simón Casal de Miguel, así como dos documentais “Prefiro condenarme”, de Margarida Ledo, “Aurora”, de Area Erina, “Salvaxe, salvaxe”, de Emilio Fonseca, e “Filmei paxaros voando”, de Zeltia Outeiriño.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS