Os grupos da oposición, Partido Socialista, Bloque Nacionalista Galego e Ponteareas en Común, reuniranse este martes a partir das 12:30 horas no Concello co obexectivo de abordar a situación das traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar. E é que as persoas que desenpeñan este servizo municipal, externalizado á empreas Óbolo, veñen de denunciar que a súa integridade corre peligro nun dos domicilios aos que acoden.
A concelleira de Servizos Sociais, Raquel Plana, indicou ao equipo de informativos de Si Radio que era coñecedora do caso e que llo trasladou á Xunta de Galicia para «que tome as decisións pertinentes».
Neste contexto, o Partido Socialista solicitou unha reunión co equpo de goberno municipal que dirixe a popular Nava Castro e propoñen que as traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar teñan acompañamento policial se existe unha denuncia ou, no seu caso, a suspensión inmediata do servizo.
Podes escoitar a entrevista completa coa voceira socialista Vanesa Fernández aquí: