O Galicia Fest convocará un concurso para mozos e mozas DJ xunto a Vibra Mahou, a plataforma de música de Mahou que busca impulsar experiencias «cinco estrelas» en torno ao directo.
As persoas interesadas en participar deberán subir un vídeo coa mestura que empregarían para abrir cada xornada do Festival. Poden participar ata maña, martes 5 de agosto ás 12:00 a través da plataforma Instagram e usando a etiqueta #AbrindoGaliciaFest. Ademais, deben etiquetar ás redes sociais do festival @galiciafest.
Haberá un gañador por cada xornada do Galicia Fest; un para o venres e outro para o sábado. En ambos casos abrirán o festival coas súas mesturas, que deben conter obrigatoriamente algún tema dun artista que forme parte do cartel oficial.
As e os finalistas serán baremados baixo o xuízo dun xurado composto por diversos DJ’s internacionais e se avaliarán criterios como a creatividade, a técnica e a enerxía. Finalmente, dos catro finalistas, será o público o encargado de elexir entre os dous mellores a través do número de «likes» nas redes sociais.
Os gañadores serán anunciados o domingo 10 de agosto ás 12:00 horas a través da canle oficial de Instagram do Galicia Fest.