lunes, noviembre 3, 2025
InicioNewsActualidadeFeira de Oportunidades en Ponteareas: Horarios, actividades e establecementos participantes

Feira de Oportunidades en Ponteareas: Horarios, actividades e establecementos participantes

A vindeira fin de semana, venres 8 e sábado 9 de agosto, Ponteareas acollerá a Feira de Oportunidades «Ouletea» na que participan catorce establecementos da vila. Ademais de grandes descontos, a feira ofrece premios, obradoiros infantís e catas de viño, entre outras actividades.

Os postos dos diferentes establecementos estarán situados na rúa Esperanza e a rúa Oriente. En concreto, os catorce locais participantes son: Librería Porto, Mariquita Mimosa, Oriente 15, D’Anna, Ponte+Qmoda, Mocasines, Ellos, Zoe Lencería, Polisport, Xeitosiña, Xaora nenos, Zapatería Lalá, Señorita Rocuca e Marla Crianza.

A inauguración da feira terá lugar o venres ás 20 horas e extenderase ata as 00:00 horas co mercadillo nocturno. Durante a xornada haberá unha ruleta de premios para adultos, obradoiros infantís de xogos e maquixalle para nenos e nenas de ata 12 anos e catas de viño. As catas contarán con dous pases, un ás 20:30 horas e outro ás 21:30 horas.

A actividade continuará durante toda a xornada do sábado 9 de agosto, en horario de 10 a 21 horas. Ademais, haberá obradoiros infantís e clases de iniciación ao hockey que terán lugar dende as 18 ás 20:30 horas. Tamén haberá un concurso de tiro ao círculo ás 20 horas.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS