sábado, agosto 2, 2025
InicioNewsComarcasSAF de Ponteareas: "Rexistramos no Concello a paralización dun servizo nun fogar...

SAF de Ponteareas: «Rexistramos no Concello a paralización dun servizo nun fogar porque corremos risco»

As traballadoras do Servizo de Axuda do Fogar de Ponteareas veñen de rexistrar no Concello un escrito no que indican que non realizarán máis un servizo nunha das vivendas ás que dan asistencia. E é que, segundo explican para Si Radio, supoñe un risco para a súa integridade posto que «hai ameazas e incluso a unha compañeira lle puxo un coitelo no pescozo», en referencia á usuaria que atenden.

Tomaron esta decisión «despois do que pasou con Teresa porque Teresa somos todas e poderiamos ser calquera unha de nós«. Indican, ademais, que todas as traballadoras que foron asignadas a esa vivienda do municipio de Ponteareas terminaron por renunciar ao domicilio. «Teñen constancia disto», explican.

As traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar manifestáronse este venres ás 12:00 horas en todos os Concellos de Galicia despois de que unha traballadora do SAF do Porriño fora asasinada, presuntamente, a mans dun septuaxenario durante a súa xornada laboral.

Podes ecoitar a entrevista completa aquí:

Neste contexto, o Concello de Ponteareas, explica a preguntas do equipo de informativos de Si Radio, que comunicaron ás traballadoras como é o procedemento e como se debe actuar ante este tipo de actuacións e cales son os pasos que hai que seguir e que «non obrigaron a realizar o servizo».

A concelleira de Servizos Sociais, Raquel Plana, indica nunhas declaracións, que «non é competencia nin do Concello nin do sindicato nin da empresa que presta o servizo suspender a asistencia a un domicilio dun usuario do Servizo de Axuda no Fogar» e que «corresponde ao órgano de valoración da dependencia da xefatura terrritorial de Vigo«.

Ademais, Plana recoñece que «somos coñecedores do que ocorre porque estamos constantemente informados e puxemos en coñecemento ao órgano competente os feitos para que tomen as decisións oportunas».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS