sábado, agosto 2, 2025
InicioNewsActualidadeAparece o corpo sen vida dunha muller nunha vivenda do Porriño

Aparece o corpo sen vida dunha muller nunha vivenda do Porriño

Foi sobre as 11:30 horas da mañá deste venres cando o 112 Galicia recibía un aviso dunha particular alertando da aparición do cadaver dunha muller, de 53 anos de idade, nunha vivenda na Avenida de Galicia, no Porriño.

No lugar personáronse equipos de emerxencia, Garda Civil e Policía Local, que constataron o facelecemento da muller.

Segundo apuntou o subdelegado do Goberno, Abel Losada «a muller exercía a prostitución e foi achada con signos de violencia«, polo que se baralla a posibilidade dunha morte violenta.

Losada asegurou que «a vítima non tiña denuncias no sistema de VioGen«. A Garda Civil mantén aberta a investigación e non se descarta ningunha hipótese.

Pola súa banda, o alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, expresou que «esta é outra noticia negra máis para o concello«, facendo referencia ao homicidio acontecido o pasado martes na parroquia porriñesa de Atios.

O rexedor local comunicou tamén que «a persoa non estaba empadroada no Concello do Porriño» así como que o «piso era de aluguer». Tamén aseverou que «non constaban altercados na vivenda segundo a súa información».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS