viernes, agosto 1, 2025
InicioNewsActualidadeO CEIP As Veigas de Ponteareas contará cunha unidade de educación especial...

O CEIP As Veigas de Ponteareas contará cunha unidade de educación especial e un novo docente especializado

O Concello de Ponteareas executa as obras necesarias para transformar a antiga casa do conserxe do CEIP As Veigas nunha unidade de educación especial que entrará en funcionamento o vindeiro curso escolar 25/26.

Nestes intres xa se procedeu ao baleirado e demolición de tabiques innecesarios e procédese a colocación de nova carpintería, solos, renovación total da instalación eléctrica, dotacion de calefacción da que non dispuña o local, apertura dun acceso traseiro directo á zona de xogos e pintado de paredes, entre outros traballos. Ademais tamén se acometen obras de accesibilidade e illamento para adaptar este edificio dos anos 70 á actualidade e aos novos usos.

Este novo espazo contará cun baño, tres aulas e zona de almacén e creará un ambiente axeitado para atender a alumnado e familias con estas necesidades, segundo explicou o concelleiro de Ensino, Ricardo González.

Nava Castro salientou a importancia de traballar de xeito conxunto e coordinado en beneficio da cidadanía e, neste caso, do alumnado. “Atender ás persoas que precisan de apoios específicos é unha das nosas prioridades como goberno e algo indispensable para contribuír a acadar unha sociedade en igualdade”.

A Consellería incorporará un novo docente especializado e o servizo dará cobertura a cinco nenas/os.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS