Luís Piña, alcalde da Cañiza conta aos micrófonos de Si Radio como se viviu no municipio a tarde e a noite deste mércores 30 de xullo, que relata como «foi unha tarde horrorosa, de pánico«.
O rexedor informa que foron queimadas ao redor de 250 hectáreas e que «se está a camiño de alcanzar a estabilización do incendio».
Segundo os datos recollidos por Medio Rural esta mañá, ata o momento mobilizáronse para a súa extinción 13 axentes, 25 brigadas, 15 motobombas, 5 pas, 6 técnicos, 6 unidades técnicas de apoio, 5 avións e 8 helicópteros. Ademais, incorporáronse aos labores de extinción efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).
O incendio continúa activo, mais nunha situación controlada. Na tarde de onte declarouse a Situación 2 como medida preventiva nalgunhas das zonas afectadas, que segue en vixencia. A maiores, a Dixección Xeral de Emerxencias e Interior decretou o confinamento de poboación en sete núcleos de poboación da parroquia de Valeixe, que foi desactivada esta mañá. Ambos avisos xeráronse a través do sistema ES-Alert.