viernes, agosto 1, 2025
InicioNewsActualidadeFestas da Anunciada de Baiona: Cortes de tráfico e desvíos alternativos

Festas da Anunciada de Baiona: Cortes de tráfico e desvíos alternativos

Con motivo da celebración das Festas da Anunciada e por motivos de seguridade para os veciños e visitantes, o Concello de Baiona realizará cortes de tráfico na vía

Os cortes de trafico terán lugar durante dous días da festa, o primeiro entre as 22:30 horas do día 1 de agosto ata as 02:30 horas do día 2 de agosto para a actuación da orquestra París de Noia e o segundo será entre as 23:30 horas do día 2 de agosto ata as 00:30 horas do día 3 de agosto para a tirada de fogos de artificio en honra á Virxe da Anunciada.

O corte absoluto do tráfico rodado na PO-552 será desde a rotonda do porto pesqueiro ata a rotonda do Villarosa situada á altura da intersección coa EP-2202.

Desde o Concello propoñen os seguintes desvíos alternativos:

  • Dirección Vigo: Rotonda de Puga situada á altura da intersección da EP-2201, rotonda do persígueme situada á altura da intersección coa rúa Areas ou a rotonda da vía urbana de Sabarís de acceso á AG-57 – este.
  • Dirección A Guarda: A través da rontonda situada á altura do acceso á AG-57 – sur e subida á EP-2203.

O acceso puntual ao Club Náutico Monterreal e Parador de Baiona efectuásese a través da rotonda do porto pesqueiro.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS