O RC Celta e o Bayern de Múnich chegaron a un acordo para a cesión con opción de compra do extremeño malagueño, Bryan Zaragoza. Internacional coa Selección española, o xogador de 23 anos destaca «pola súa verticalidade, regate e capacidade para romper liñas» aseguran dende o club celeste, ao que enganden que «son unas cualidades coas que se integrará no conxunto de Claudio Giráldez para afrontar esta ilusionante tempada en Europa League».
Zaragora aterra en Vigo tras disputar a última tempada nas filas do CA Osasuna, onde acumulou un total de 27 partidos oficiais en LaLiga, «destacando pola súa potencia no un contra un e na súa verticalidade». O xogador foi formado en categorías inferiores do CD Tiro Pichón e no Granda CF, a súa experiencia en Alemaña e Pamplona, unida ao seu paso goleados pola Selección española, «convérteno nun xogador cun grande talento e proxección; polivalente en ambas bandas, capaz de marcar diferenzas e aportar profundidade celeste» ultiman dende o club da cidade olívica.