viernes, agosto 1, 2025
InicioNewsA Arnoia súmase ao programa da Xunta para a construción de vivenda...

A Arnoia súmase ao programa da Xunta para a construción de vivenda protexida

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, xunto co secretario xeral técnico da Consellería, Yago Borrajo, e o secretario xeral de Vivenda e Urbanismo, Heriberto García Porto, vén de asinar esta tarde en San Caetano co alcalde de A Arnoia, Rodrigo Aparicio, un convenio enmarcado no Programa de oferta de solo de titularidade das entidades locais para a construción de vivenda protexida.

Así, a Xunta pon a disposición deste concello esta nova ferramenta que lle outorga apoio técnico para ofertar, mediante concurso público, unha parcela da súa titularidade para a construción de ata 5 vivendas protexidas.

O convenio con A Arnoia é o segundo que se asina, tras o rubricado co Concello das Pontes a finais de maio deste ano. A Xunta estima que no último trimestre deste ano poderán saír a concurso as parcelas de titularidade municipal no marco deste primeiro acordo, para que cooperativistas e promotores constrúan vivenda protexida na localidade.

Máis convenios

M. Allegue destacou que a Xunta está xa en conversacións con outras administracións locais que amosaron interese no programa e incidiu en como a Xunta quere ser “un aliado” para as entidades locais. A titular de Vivenda e Planificación de Infraestruturas puxo en valor que ademais do Programa de solos, o Goberno galego, entre outras medidas, pon a disposición dos concellos axudas para rehabilitar edificios de titularidade municipal para destinar ao alugueiro accesible, fondos de cooperación para darlles capacidade económica para rehabilitar e tamén, como novidade este ano, construír nova vivenda protexida.

A conselleira agradeceu ao alcalde a súa disposición e destacou o exemplo de A Arnoia, «que demostra como os concellos non tan grandes poden e deben acoller proxectos de nova vivenda protexida». Tamén aproveitou para facer un chamamento para que se unan a esta iniciativa máis entidades locais, para que «ningún solo público quede sen uso, porque cada parcela pode ser unha oportunidade para ofrecer futuro».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS