O río Miño converteranse na paraxe perfecta para desfrutar da música sinfónica ao aire libre gracias á segunda edición do Ciclo de Concertos ás Beiras do Miño impulsado pola Orquesta Clásica de Vigo xunto á Deputación de Pontevedra.
O ciclo busca tecer «unha ponte cultural coas localidades fronteirizas polas que transcorre o río» e levará a música sinfónica ás localidades de As Neves, Melgaço, Caminha e A Guarda. En concreto, durante catro noites de verán os e as asistentes poderán desfrutar da música de L. V. Beethoven da man da Orquesta Clásica de Vigo.
Os concertos comezarán este sábado, 2 de agosto, ás 21:30 horas na Praza Maior das Neves e continuarán o 6 de agosto, tamén ás 21:30 horas, na Alameda de Inés Negra de Melgaço e o 13, ás 22:00 horas, no Largo Calouste Gulbenkian de Caminha. O II Ciclo de Concertos ás Beiras do Miño rematará o 16 de agosto ás 21:00 horas no Auditorio de San Bieito da Guarda.