O reloxo marcaba ás 2:42 horas desta madrugada cando un incendio se propagaba na parroquia de Piñeiro, no Concello de Tomiño.
Segundo puido saber Si Radio e debido á proximidade do lume ao edificio, os usuarios e usuarias do Centro de Desintoxicación Alborada, ubicado na parroquia tiveron que ser trasladados por seguridade á Casa Cultural da aldea durante a noite e está previsto que volvan ao centro en breve.
Segundo informa Medio Rural, o incendio mantense en activo, mais en situación controlada, e abrangue unha superficie total de 14 hectáreas. Ata o lugar desprazáronse 2 técnicos, 8 axentes, 9 brigadas, 8 motobombas, 1 pá e 1 helicóptero.