A parroquia de Santa Marta de Ribarteme, no Concello de As Neves, viviu a súa tradición máis lonxeva: a procesión dos cadeleitos. Iso si, sen cadeleitos. Dende 2022 o párroco da localidade prohibiu esta procesión, que durante anos foi tan aclamada tanto pola veciñanza como por persoas que se achegaban dende outras zonas da comunidade.
Nesta edición de 2025, un home decidiu desafiar as ordes do cura e desfilar baixo o ataúde aberto, baleiro, que se incorporou ao final da comitiva. Mentres, o home realizou parte do percorrido de xeonllos e a outra parte, agochado baixo o ataúde.