A Xunta de Galicia decreta o nivel 2 de emerxencia no incendio forestal que asola ao municipio da Cañiza. E é que o lume cerca varias viviendas na zona do Nogueiró. Segundo indican desde Medio Rural, o incendio comezou sobre as 16:23 horas deste mércores e as últimas estimacións apuntan que supera xa as 20 hectáreas calcinadas. Polo de agora, mobilizáronse para a súa extinción 3 axentes, 7 brigadas, 6 motobombas, 4 pas, 2 técnicos, 3 unidades técnicas de apoio, 3 avións e 7 helicópteros.
As alarmas saltaron durante as primeiras horas da tarde cando o lume chegou ás parroquias do Couto e de Oroso. Co obxectivo de sufocalos, Medio Rural destinou ata o lugar un total de sete helicópteros e 3 aviósn xunto con diferentes efectivos como axentes, motobombas, pas e unidades técnicas. Datos que debuxan a magnitude do incendio.