A comarca da Paradanta é, de novo, protagonista polos incendios forestais. Desta vez, o lume chegou ata o municipio da Cañiza e, de xeito máis concreto, ata O Couto e Oroso. Os focos comezaron sobre as 17:00 horas, aproximadamente.
Segundo informa Medio Rural, ata a localidade da Cañiza desprazáronse un axente, unha brigada e unha pá así como un técnico, dous avións e dous helicópteros para sufocar o incendio que ten lugar en Oroso e para a extinción do lume que se rexistra arestora en O Couto, tres axentes, 6 brigadas, catro mobombas, tres pás, dúas unidades técncias de apoio e seis helicópteros.
Deste xeito, un total de 8 helicópteros sobrevoan o ceo da Cañiza co obxectio de sufocar o incendio que comezou este mércores a partir das 17:00 horas xunto a varios axentes, brigadas e ata dous avións, tal e como indican desde a Consellería de Medio Rural.