O incendio forestal de Arbo que se iniciaba na tarde de onte ás 18:23 horas segue en activo, mais nunha situación de mellora tras a desactivación da Situación 2.
A Xunta de Galicia decretou na tarde de onte o Nivel 2 debido á proximidade a núcleos de poboación, unha situación operativa de emerxencia que foi desactivada ás 23:55 horas da noite do martes.
Segundo informa Medio Rural, o incendio afecta ao redor de 8 hectáreas e polo de agora mobilizáronse ata o lugar para a súa extinción 1 técnico, 4 axentes, 11 brigadas, 7 motobombas e 2 helicópteros.