domingo, septiembre 14, 2025
InicioNewsComarcasXosé Emilio Barros, o primeiro alcalde nacionalista de Mondariz, deixa a acta...

Xosé Emilio Barros, o primeiro alcalde nacionalista de Mondariz, deixa a acta como concelleiro da oposición

«É unha decisión longamente reflexioanda e responde a motivos persoais e laborais, motivos estes que non me permiten adicarlle o tempo que considero preciso para desenvolver o meu compromiso institucional coa veciñanza e coa formación política que represento». Así explica Xosé Emilio Barros por que deixa a súa acta como concelleiro da Corporación de Mondariz. Barros, do BNG, foi o primeiro alcalde nacionalista do municipio e pasou a formar parte da oposición despois das eleccións do 2023. Foi Xoan Montes Calis quen obtivo o bastón de mando naqueles comicios aínda que, na actualidade, é o popular Pablo Barcia quen se senta na alcaldía da localidade.

Neste contexto, o nacionalista Xosé Emilio Barros deixa a acta como concelleiro da oposición aínda que, segundo indica o BNG de Mondariz nun comunicado, «seguirá formando parte, traballando e loitando por un Mondariz mellor». Barros explica, a través das súas redes sociais, que « a miña renuncia non significa o remate do meu compromiso político nin social» senon que «abre unha nova etapa que me permitirá seguir traballando dende outras posicións a prol do progreso da miña localidade e do meu país».

Na súa despedida, Xosé Emilio Barros puxo en valor o traballo que realizou como alcalde, desde o ano 2019 ata o 2023 e destacou «a disponibilidade actual, por primeira vez na historia da localidade, de solo para desenvolver un Parque Empresarial dar cobertura as necesidades empresariais do municipio» ou «a transformación dos espazos públicos que buscan moderniza a vila», entre outras cuestións.

A renuncia foi efectiva na sesión plenario do Concello de Mondariz que tivo lugar este luns 28 de xullo.

Eleccións do 2023

Nas eleccións municipais do 2023, o Bloque Nacionalista Galego obtivo dous concelleiros do total de 11 que conforman a Corporación Municipal. Isto é, un menos que nos anteriores comicios cando subiu á alcaldía da localidade co apoio do Partido Socialista. Naquel momento, o Partido Popular facilitara a toma de posesión do nacionalista.

Alternativa por Mondariz, que lidera Xoan Carlos Montes, obtivo cinco concelleiros, un máis que nas pasadas eleccións e o Partido Popular, tres, sumando un máis que no 2019. O Partido Socialista mantivo o seu edil.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS