Un autobús quedou atrapado durante este martes 29 de xullo no centro das Neves cando se dirixía á parroquia de Santa Marta. Segundo puido saber o equipo de informativos de Si Radio, o vehículo quedou entalado na baixada da Praza de Abastos do municipio.
O autobús, segundo indican tetemuñas, transportaba viaxeiros e viaxeiras ata a romaría de Santa Marta. O suceso tivo lugar antes das 12:00 horas deste martes 29 de xullo. Non hai que lamentar danos persoais e as persoas foron trasladadas noutro vehículo da empresa Ojea.
Segundo explican as mesmas testemuñas, “axentes da Garda Civil acudiron para auxiliar ao conductor” e “chamaron a un guindastre para remolcar o autobús”. Explican que “si hai sinalización no centro sobre que está prohibida a circulación para os vehículos de máis de 3.500 kilos”.
Indican, ademais, que o conductor atopábase ben aínda que “nervioso” polo acontecido.

