sábado, agosto 2, 2025
InicioNewsComarcasConmoción no Porriño: O Concello convoca un minuto de silencio en memoria...

Conmoción no Porriño: O Concello convoca un minuto de silencio en memoria da traballadora do SAF

Conmoción no municipio pontetedrés do Porriño. A primera hora desta mañá saltaban as alarmas na parroquia de Atios logo de que, presuntamente, un home terminara coa vida da Traballadora do Servizo de Axuda no Fogar que atendía á súa muller. O home golpeouna en repetidas veces cun obxecto cortante. Todo apunta a que se trata dun machado.

Foron os axentes da Garda Civil os que atoparon a auxiliar morta cun forte golpe na cabeza cando entraron na vivenda. Tamén atoparon ao presunto autor do homicidio con manchas de sangue, desorientado e realizando manifestacións incoherentes, segundo explicou o subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada.

Neste contexto, o Concello do Porriño convoca un minuto de silencio en memoria da traballadora de Axuda no Fogar, «víctima dun homicidio acontecido esta mañá na parroquia de Atios». Posto que a muller, de 48 anos era natural de Mos, as dúas administracións locais «unímonos neste acto na súa memoria para condenar os fetos acontecidos». Será esta tarde a partir das 20:00 horas.

De igual xeito, indican nun comunicado que «queremos trasladar o noso pesar e apoio á súa familia e aos seus achegados» e convidan á veciñanza «a participar nesta mostra de solidariedade».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS