As descargas do Bono Peixe comezaron dende as 8 horas deste luns 28 de xullo a facerse efectivas. En concreto, trátase dunha axuda de 50 euros para comprar peixe e marisco financiada pola Xunta de Galicia.
O bono pode empregarse nas peixarías tradicionais e postos das prazas de abastos, cos vendedores ambulantes de peixe e marisco e en supermercados e hipermercados que conten con peixaría.
Cada cliente disporá dun bono desconto de ata 50 euros, que poderá gastar nos diferentes establecementos e operadores comerciais participantes.
En cada compra de peixe e marisco fresco, pódese obter un desconto do 25% do importe, cun máximo de 5 euros por compra. É dicir, se gastar 20 euros, o desconto será de 5 euros; se gastas 10 euros, o desconto será de 2,5 euros.
A maiores, poderán acumularse os descontos de outras semanas que non foran empregados; sempre cun desconto máximod e 25 euros por semana. Explicación na seguinte imaxe:

Onde descargar o bono?
O Bono Peixe pode descargarse na páxina web bonopeixe.gal a través da seguinte ligazón.
Ademais, pódense consultar os establecementos adheridos na seguinte ligazón.