martes, julio 29, 2025
InicioNewsComarcasNigrán busca ao Titanic 2025: Volve o "Flota como poidas"

Nigrán busca ao Titanic 2025: Volve o «Flota como poidas»

O Concello de Nigrán abre ata o venres 22 de agosto ás 12:00 horas o prazo de inscrición para participar na xa tradicional concentración de «artefactos flotantes«. O eventó leva como nome «Flota Como Poidas» e terá lugar o domingo 24 de agosto ás 17:30 horas desde a ponte de Ramallosa, no Río Miñor.

As persoas interesadas en participar deberán anotarse no formulario web do Concello. A recollida de dorsais será no punto de saída o mesmo día de 16.00 a 17.00 horas. Entre tódolos participantes sortearase un kayak e os premiados levarán cadansúa cesta de froitas e o seu diploma e agasallo sorpresa.

Titanic 2025

O Concello recorda que é obrigatorio o uso de chaleco salvavidas, correndo a cargo de cada participante. Coma sempre, premiarase o artefacto flotante máis «currado» e máis cutre, a tripulación máis simpática, a familia máis intrépida e participativa, o tripulante máis vello e máis novo e o clásico galardón «Titanic» para o primeiro que afunda.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS