lunes, julio 28, 2025
InicioNewsActualidadeAtios ultima as súas festas coa actuación da Orquesta Panorama

Atios ultima as súas festas coa actuación da Orquesta Panorama

Tras dous días de festa, a parroquia porriñesa de Atios remata hoxe as súas festividades na honra de San Benito coas actuacións das orquestras Panamá e Panorama.

Ás 22:30 horas dará comezo a verbena coa actuación da orquestra Panamá que realizará unha actuación de 1 hora e 45 minutos. De seguido, ás 00:15 horas, será a quenda da orquestra Panorama, que realizará un pase de aproximadamente a mesma duración.

Tras o primeiro pase da gran orquestra galega, volverá o último pase de Panamá e porá a última nota musical o segundo pase da orquestra Panorama.

Con estas actuacións, Atios dará por rematadas as súas festas do ano 2025 e agardan con gañas a vindeira edición do 2026.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS