lunes, julio 28, 2025
InicioNewsActualidadeAs Neves contará cunha ponte peonil que unirá a vila con Monçao

As Neves contará cunha ponte peonil que unirá a vila con Monçao

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, xunto co director do AECT Rio Minho, José Manuel Vaz, o vereador da Cámara Municipal de Monçao, Agostinho Correia, e o alcalde do Concello das Neves, José M. Alfonso, veñen de asinar o convenio para a redacción do proxecto de execución da ponte peonil internacional As Neves-Monçao, cun orzamento de preto de 100.000 € dos que o organismo provincial achega o 50%.

Trátase, tal e como remarcou o presidente, “dun proxecto realista, o primeiro da década que será unha realidade porque, nesta ocasión, se teñen dado pasos en serio e hai vontade, interese e ganas de traballar para que saia adiante”.

Deste xeito, tras esta sinatura e cos equipos técnicos traballando xa no expediente de contratación, López manifestou o seu convencemento de que “poderemos camiñar, axiña, entre As Neves e Monçao, atravesando esta ponte”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS