sábado, julio 26, 2025
InicioNewsActualidadeTomiño proxecta oito novos sendeiros cos que coñecer a vila

Tomiño proxecta oito novos sendeiros cos que coñecer a vila

O Concello de Tomiño está a traballar nun novo proxecto co obxectivo de construír oito novas rutas que permitirán coñecer o municipio a pé ou en bici. Estas sendas, de carácter lineal ou circular, atravesarán sete parroquias —Tomiño, Barrantes, Figueiró, Tebra, Pinzás, Amorín e Forcadela— co propósito de poñer en valor a súa riqueza natural, patrimonial e etnográfica.

As rutas estarán sinalizadas en todo momento con paneis informativos, postes direccionais, mesas panorámicas e recursos interpretativos, permitindo ao visitante orientarse mellor polo entorno que percorre. Ademais, disporá unha aplicación móbil na que os usuarios poderán escanear un código QR ao inicio de cada senda, ofrecendo información adicional e facilitando o seguimento do percorrido.

Entre os obxectivos principais desta iniciativa destacan dar visibilidade ao patrimonio local, fomentar o turismo sostible e promover hábitos de vida saudables entre a veciñanza e os visitantes. Así mesmo, desde o Concello agradécese a colaboración das comunidades de montes polas que transcorren as sendas, un apoio clave para poder avanzar con este proxecto.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS