sábado, julio 26, 2025
InicioNewsCaballero avisa: "Non imos parar ata conseguir que Vigo teña facultade de...

Caballero avisa: «Non imos parar ata conseguir que Vigo teña facultade de Medicina»

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, pronunciouse de novo sobre a posibilidade de que a cidade conte cunha Facultade de Medicina e incidiu en que «a Xunta terá en fronte ao goberno de Vigo se mantén a súa oposición para crear unha facultade de Medicina e a súa decisión de asignar á Universidade de Santiago de Compostela a centralidade das decisións sobre os docentes e o ensino en todos os hospitais galegos».

O rexedor avisou que “non imos parar ata conseguir que Vigo teña facultade de Medicina”.Ademais, cualificou como «surrealista o proxecto da Xunta de manter unha única facultade en Galicia ante a descualificación realizada por responsables da administración autonómica» e insta a poñer fin a «un modelo docente centenario nunha comunidade con 2,7 millóns de habitantes e dotar á Universidade de Vigo con Medicina».

Segundo explicou o socialista, a cidade “é o único sitio de toda España onde se rexistra esta situación» e tachou de «intolerable e incomprensible que a administración galega non se decate do que está a pasar en Galicia».

Vigo, sede dos MIR

Neste contexto, o rexedor expresou tamén a súa oposición ao acordo alcanzado entre o Ministerio de Sanidade e a Xunta de Galicia para «eliminar a Vigo do mapa de universidades onde se realizan os exames para optar a unha praza de médico interno residente, MIR».

Lembrou Caballero que «desde 2021 a facultade de Ciencias Empresariais e Económicas do campus de Lagoas Marcosende acolle unhas probas nas que este ano participaron 549 graduados en Medicina dos 1.850 que se examinaron en Galicia«.

Finalmente, cualificou de «disparate, véxase desde onde se vexa», a decisión de eliminar a Vigo como sede dos exames MIR, e incidiu en que «é a cidade máis importante do oeste peninsular».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS